Monte Stanley
Tipo | Macizo | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localizado na área protexida | Parque Nacional de Virunga | ||||
Localización | |||||
Continente | África | ||||
| |||||
Cordilleira | Montes Ruwenzori (pt) | ||||
Características | |||||
Altitude | 5.109 m | ||||
Punto máis alto | Margherita Peak (en) (5.109 m ) | ||||
Historia | |||||
Cronoloxía | |||||
1906 | primeira ascensión | ||||
O Monte Stanley, tamén denominado Pico Margarida (Margherita Peak), e Monte Ngaliema, cunha altura de 5.109 m é a cima máis elevada dos montes Ruwenzori e máis da República Democrática do Congo e de Uganda, polo cume do cal pasa a fronteira entre ambos dous países. E aínda é o terceiro pico máis alto do continente africano.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O rochoso monte Stanley, que forma parte dos boscosos e xeados montes Ruwenzori, érguese sobre o planalto Stanley, a uns 40 km ao norte do Ecuador e a oeste da enorme foxa do Gran Val do Rift, entre os lagos Alberte, ao norte, e Eduardo, ao sur.
Medioambiente
[editar | editar a fonte]Aínda que o Stanley fica na zona de calores tropicais, desde unha altura de 4.500 mostra partes xeadas e desde o 4.800 é dominio de fortes ventisqueiros, que xacen cubertos de campos de neve, e desde os cales se orixinan regos de montaña. Nas súas abas ubícanse lagos de montaña e vive unha exuberante fauna e vexetación propia das selvas tropicais.
Terceira cima de África ?
[editar | editar a fonte]Aínda que o Stanley é citado, correntemente, como o terceiro cume africano, tras o monte Kilimanjaro e o monte Kenya, algúns autores lembran que o monte Mawenzi, de 5.148 m de altura, aínda que é unha cima secundaria do Kilimanjaro, supera ao Stanley.
O Stanley e os seus veciños
[editar | editar a fonte]O monte Stanley é, en realidade, un macizo do que forman parte outros picos:
- O Pico Margarida ou Margherita Peak, é, con 5.109 m, a cima do macizo (téñenselle adxudicado outras altitudes: 5.110 m, 5.119 m ou 5.120 m), que divide Uganda da República Democrática do Congo, e ao que seguen:
- O Pico Alexandra (5.091 m), xa na República Democrática do Congo,
- O Pico Albert (5.087 m), tamén na República Democrática do Congo.
Ascensións
[editar | editar a fonte]A cima do Stanley foi alcanzada, por vez primeira por occidentais, polo famoso viaxeiro e alpinista italiano Luigi Amedeo di Savoia, duque dos Abruzos, no ano 1906. O nome de Pico Margarida foille posto, en honra da raíña Margarida de Savoia, polo duque.